|
April 16, 2011 01:36 AM PDT
Este foi o programa número 52 de "A fume de carozo", que se emitiu o 12 de abril de 2011. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Este programa tratou sobre as actividades do Departamento de Acción Social do noso centro, principalmente da última Feira Solidaria, celebrada o sábado 2 de abril pasado. Estivo presentado polo coordinador do DAS, David García, e entre outros invitados estivo Ramil, concursante da última edición de OT, que tamén participou desinteresadamente na Feira Solidaria.
April 06, 2011 04:02 AM PDT
Este foi o programa número 51 de "A fume de carozo", que se emitiu o 5 de abril de 2011. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Este programa tratou sobre a banda deseñada, tanto o manga xaponés como o Xabarín Club, que hai uns anos amosou esta arte á xuventude galega, e foi realizado por un grupo de alumnos do Colexio Santa María do Mar (Xesuítas) da Coruña, coordinado polos profesores Moisés López e Susana Devesa. Os alumnos participantes foron os seguintes: Iria Álvarez, Anxo Balado, Aldara Candal, Beatriz Fernández-Montells, Laura Martín e Claudia Rama (todos eles de 3º ESO); Andrea de Castro (4º ESO); e María Luísa Iglesias, Marta Ramos, David Torres e Sara Varela (1º Bacharelato). Ademais estiveron como convidadas dúas alumnas doutros centros, chamadas Rosalía Mantilla e Yolanda Cascallar.
March 30, 2011 09:53 AM PDT
Este foi o programa número 50 de "A fume de carozo", que se emitiu o 29 de marzo de 2011. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Este programa foi realizado polo Departamento de Orientación do noso centro, e tratou sobre a orientación académica e profesional. As presentadoras foron as profesoras que integran o departamento: Elena Parada, Almudena Cotelo e Rocío Novo.
March 16, 2011 03:12 AM PDT
Este foi o cuadraxésimo noveno programa de "A fume de carozo", que se emitiu o 15 de marzo de 2011. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Este programa tratou sobre o entroido, foi coordinado polo profesor Bruno Coira, e foi presentado polos seguintes alumnos de 5º de Primaria do noso centro: Paula Curros, Emma Rivas, Marta Álvarez, Andrea Vázquez, Pablo López e Enrique Naveira.
March 02, 2011 02:43 AM PST
Este foi o cuadraxésimo oitavo programa de "A fume de carozo", que se emitiu o 1 de marzo de 2011. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Este programa tratou sobre a música galega, de diferentes estilos, e foi realizado por un grupo de alumnos do Colexio Santa María do Mar (Xesuítas) da Coruña, coordinado polos profesores Moisés López e Susana Devesa. Os alumnos participantes foron os seguintes: Iria Álvarez, Anxo Balado, Aldara Candal, Beatriz Fernández-Montells, Laura Martín, Claudia Rama e Enrique Rodríguez (todos eles de 3º ESO); Andrés Pardo, Iber Xosé Sánchez e Andrea de Castro (4º ESO); e María Luísa Iglesias, Marta Ramos, David Torres e Sara Varela (1º Bacharelato).
February 22, 2011 02:07 PM PST
Este foi o cuadraxésimo sétimo programa de "A fume de carozo", que se emitiu o 22 de febreiro de 2011. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Este programa foi realizado por un grupo de alumnos e a súa profesora de 2º de Primaria do Colexio dos Salesianos da Coruña. Os alumnos foron Raquel, Ángel, Mar, Tomás e Michelle, e a profesora foi Patricia Cameán.
February 15, 2011 02:06 PM PST
Este foi o cuadraxésimo sexto programa de "A fume de carozo", que se emitiu o 15 de febreiro de 2011. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Este programa tratou sobre O Colexio "Sagrada Familia" das Filipenses de Vilagarcía de Arousa, e foi realizado polo seu Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Os presentadores foron Xoán Guillén, profesor responsable do EDLG e os alumnos de 4ºESO Caterina dos Santos e Tino Abad.
February 08, 2011 02:11 PM PST
Este foi o cuadraxésimo quinto programa de "A fume de carozo", que se emitiu o 8 de febreiro de 2011. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Este programa tratou sobre a Química, xa que este 2011 é o Ano Internacional da Química. Os presentadores foron Kevin, Sergio, Carlos, Vanessa Gómez e Vanessa Gacio, dos Ciclos Formativos da familia química do IES A Sardiñeira.
February 03, 2011 04:37 AM PST
Este foi o cuadraxésimo cuarto programa de "A fume de carozo", que se emitiu o 1 de febreiro de 2011. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Este programa tratou sobre a vida e obra de Xosé Neira Vilas, a quen entrevistamos telefónicamente. Os presentadores do programa foron Martín Delgado e Javier Barreiro, alumnos de 4ºESO do noso centro.
|